Espazo de ocio infantil

Espazo de ocio infantil

Fuxindo de representacións literais, faise uso da evocación coma recurso inmersivo: as cores, as texturas e certas formas repetidas, xunto coa instalación dunha árbore artificial; introducen aos nenos nun escenario para os seus xogos, favorecendo a impronta na memoria.

De cara aos pais dos nenos, prefírese a súa estadía no local durante o tempo de xogo dos nenos, e por iso se lles facilita un espazo de ocio propio, aínda que non diferenciado do espazo dos nenos. Búscase un modelo afastado da “gaiola” onde abandonar aos nenos. Mellor un espazo que non sirva só para celebrar aniversarios, senón un espazo de esparcemento para pais cunha área onde xogar os nenos.