Casa o Pourribal

Vivenda rural en Vilaboa

A tradición galega sempre apostou polo socalco nos terreos en pendente, sacándolle a gran vantaxe do acceso directo ao exterior e conxugándoo coa separación da humidade do chan e o espazo para o cortello abaixo.

Desfacemos o entorto: recuperaremos parcialmente a rasante orixinal situando a vivenda nunha única planta a unha cota elevada. A elevación acollerá baixo ela o cortello para os coches, e servirá para mellorar as vistas e, sobre todo, a incidencia solar, tan precisa nesta zona.

A simplicidade fará o resto, pensando na máxima redución de custes, por economía e ecoloxía. Un volume compacto, lineal, orientado ás vistas á ría e ao sol.