Unha vivenda en 25 m2 de parcela

Rehabilitación de vivienda entre medianeiras na rúa Cruz Verde

Nunha parcela tan reducida coma esta, un xesto permite resolver a esixencia de espazo á vez que mellora as condicións de iluminación e amplitude espacial: o forxado divídese en dous niveis, unificando escaleira e distribución interior, á vez que facilita a dispersión da luz natural a través dos desniveis xerados.

A escaleira replégase sobre si mesma, servindo de liña de comunicación entre todas as estancias da vivenda, e ofrecendo unha continuidade que amplía os límites dos espazos no seu desenvolvemento.