Estraño cotián

Exposición de artes decorativas do Museo Quiñones de León

Esta idea de arroxar unha ollada diferente sobre estes obxectos facilitando un achegamento de sectores poboacionais tradicionalmente afastados do interese polas artes decorativas, encaixa perfectamente coas necesidades ambientais e espaciais de integrar unha exposición actualizada nun espazo arquitectónico coma o interior do Pazo Quiñones de León.