Iluminando un piso en semisoto

Reforma de piso en semisoto

É hora de emanciparse. Unha herdanza familiar cunhas condicións certamente precarias de habitabilidade, especialmente desde que se edificou a parcela coa que linda polo oeste, tapiando unha das fiestras desde as que vían tradicionalmente a ría e deixando sen estas vistas á outra.

A busca fundamental do proxecto consiste en acadar o máximo posible de luz natural e difundila polo interior da vivenda ata o último recuncho. Búscanse todas as vías existentes para a mesma: o patio interior, a fachada que da ao patio de luces do edificio lindeiro, e mesmo a luz natural que entra a través do portal das vivendas.

 

Situación: Casco Vello, Vigo

Constructora: Cal Baixo Miño Construcciones y Servicios S.L.