Piso Lola

Piso Lola

Na casa de Lola ían ser un máis na familia, pero a súa casa gustáballes, e ademais era relativamente nova. Non querían buscar outra a pesares de non ter dormitorios abondo. A proposta deu a volta a toda a vivenda dunha sentada: o dormitorio sería agora o salón e o salón sería o dormitorio. A continuidade espacial substitúe á división, obtendo novas perspectivas nunha intervención cirúrxica que busca aproveitar ao máximo o existente por responsabilidade ambiental e económica.