Vivenda en Camiño Vello

Vivenda unifamiliar en Camiño Vello

Nunha parcela de óptimas condicións para a edificación: orientación sur cun excelente soleamento, sen barreiras visuais e escasa pendente, crease unha vivenda centrada na vida en común co espazo exterior: un amplo xardín con terraza e piscina, aos que se abre completamente o interior, á vez que aproveita a orientación para pecharse á excesiva proximidade das vivendas veciñas que lle quedan ao norte e o leste. O volume superior deslízase sobre o inferior cara a piscina, creando unha zona totalmente cuberta, e unha pérgola que permiten protexer do sol do sur de verán á zona de día.

 

Situación: Vigo