Vivenda en Mouteiras

Vivenda unifamiliar en Mouteiras

A volumetría resólvese mediante unha envolvente que prolonga a fachada norte na cuberta, xerando un xogo de cubertas que, nas súas crebas, ademais de integrar a vivenda na paisaxe, acolle un espazo de xogos e saída a unha solaina superior, e forza ademais a consecución dunha pendente axeitada para a instalación de paneis solares fotovoltaicos de apoio á enerxía da vivenda.