Vivenda en San Lourenzo

Socalco de aluminio

Tállase un sólido de aluminio, que no seu reflexo consegue á vez allearse do entorno para acadar privacidade e integrarse nel, mimetizado nas cores do ceo: azul celeste, gris, lila ou laranxa; e do entorno en todas as súas gamas de verdes, ocres, marróns e grises.

O tallado da peza artificial e rochosa deixa entrever un espazo acolledor e humano, evidenciándose con sinceridade no seu revestimento en madeira. Prodúcese nas posicións de maior vinculación da vivenda coa parcela e o entorno: aqueles puntos singulares nos que a vivenda se abre en vez de reflectir o que a rodea.