Vivenda en Vilariño

Vivenda unifamiliar en Vilariño

Cun único xesto, deslízase a planta alta cara ao sur, aínda que con certa elasticidade materializada nun cerramento permeable, de malla, para os espazos resultantes: un pórche en planta baixa ao sur, protexendo o salón da incidencia solar directa, e unha terraza ao norte, para gozar das vistas ao mar entre as vivendas do outro extremo da estrada: o lugar de relax.

A permeabilidade dese cerramento faise móbil no fronte do pórche, mediante a incorporación dun sistema de paneis móbiles que transforma a vivenda permitindo unha maior ou menor incidencia solar, e favorecendo o uso do pórche para cear de noite, actuando a modo de mosquiteira.