Xeadería Mamma Mía en Navia

Reforma de local para xeadería Mamma Mía en Navia

Na busca dun espazo luminoso e atractivo, cunha presenza forte e diferenciada nun barrio ateigado de cafeterías, revestimos todo o local de barquillo amarelo en forma de taboleiro de encofrado, aportando o mesmo toque artesanal con que se elaboran os xeados que sirven. A superposición do barquillo serve, nos encontros entre xeometrías, para resolver cunha única fórmula a combinación de espazo pequeno e complexo dun xeito uniforme.