Subidao ao Castelo

Subida ao Castelo

O proxecto formulado afunde as súas raíces no Casco Vello vigués estendendo pola nova fachada un sistema de contraventás encartables, que permiten regular á demanda tanto a privacidade coma a exposición solar das vivendas.

Deste xeito a fachada toma vida propia no movemento diario das pezas, facendo explícito un rexurdir da edificación, despetrificando a tradición nun tecido máis continuo. Unha fachada que mostra con sinceridade un espazo re-habitado, con vida, pechado á noite, e aberto durante o día.

 

Situación: Casco Vello Alto, Vigo