A arquitectura,
o home no mundo
Tras séculos de evolución construtiva-destrutiva, chegou o momento de ollar atrás. Precisamos transformar o medio que nos rodea para vivir nel, artificializalo, pero hai distintos xeitos de facelo. Propoñemos unha ollada diferente cara ao entorno, dende o respecto, coñecendo as consecuencias das nosas actuacións.
Nos anos 70 desruralizouse o agro mutando as nosas vilas en case-cidades deshumanizadas. Na pasada década a conversión da vivenda en ben de inversión supuxo o ataque definitivo ao noso medio.
Temos capacidade para remedialo: unha arquitectura simbiótica e interdependente, deseñada á escala do lugar no que nace; na que a relación do interior se esvaeza.
O contacto
co mundo exterior
Reformulemos a relación co entorno grazas á técnica. Novos materiais que permiten alterar os límites do interior e a súa relación co exterior: maior transparencia sen perdas térmicas, situarnos a nivel do ou por baixo sen humidade...
Mesturamos os conceptos arriba-abaixo e dentro-fóra coma evolución do saber acumulado: orientación e resgardo, a solaina, o curral. Un proceso que engade á topografía da nosa terra a transformación precisa para sacarlle partido as súas vantaxes: asoleamento, frescura, ventilación ou privacidade.

Escala / impacto
ambiental
A imaxe do territorio non é unha cuestión de estilo: non é cubrir con tella ou chapa, nin poñer pedra ou ladrillo na fachada, ou utilizar cor gris ou vermella ou verde; non é rococó ou rústico ou high-tech.
Trátase de facilitar a inserción do edificio no contorno artificial-natural, de alterar o seu impacto ao noso antoxo, axeitando a súa dimensionalidade aparente a través de mecanismos inter-dependentes directamente co lugar.
Paisaxismo
antibucólico
Toda intervención do home no mundo supón unha "artificialización" do medio. Mesmo a primeira froita recollida, a primeira semente de millo plantada, o primeiro gando arrimado; son transformacións necesarias a nivel natural-biolóxico.
A imposibilidade do non intervencionismo lévanos á necesidade da relación biótico-paisaxística: topografiar a arquitectura mediante a inter-implicación esquencendo a camuflaxe e aceptando a inevitable pegada deixada no territorio como primeiro paso para a integración absoluta.

Unha nova
materialidade
Unha nova conciencia, sabedores dos límites reais dos recursos naturais. Glocalización baseada no pensamento global e acción local.
Reutiliza-biodegradabilidade material, economía de desprazamento e de custos de transformación establecendo un sumatorio de custos enerxético-ambientais: r.b+d+t, baixo a óptica da racionalidade económica xeral.
Madeira procedente de explotacións controladas, con novos tratamentos para o seu uso interior e exterior; aportando avantaxes térmicas, acústicas, estéticas e substitución de moitos dos materiais de construción habituais por outros de menor repercusión ambiental.