Somos un equipo adaptable de arquitectas e arquitectos 2.0 situado en Vigo. Acompáñannos profesionais do ámbito da arquitectura, interiorismo, paisaxe, urbanismo, deseño e publicidade. Temos elasticidade inmediata para coller dende o encargo máis pequeno ata obras de gran envergadura.

Grazas á nosa formación e experiencia profesional, imos máis alá do concebido, propoñendo espazos e modos de vida adaptados ao propietario aínda que non sempre figurados por este.

Desenvolvemos todo o proceso mediante reunións periódicas co cliente, de modo que se determinen adecuadamente todas as necesidades e modos de resolvelas garantindo o mellor resultado.

arquitectura racional e ecolóxica

Pensamos na arquitectura coma o xeito de situarse e relacionarse o home no mundo. Buscamos evolucionar a relación co entorno do parasitismo á simbiose, mellorando os modos de “naturalizar” o medio.