Emporium

Exposición Emporium no Museo Verbum

Emporium propón mostrar á cidadanía unha realidade oculta, uns feitos ocorridos no pasado e dos que só contamos cunhas pistas que foron aparecendo en distintos puntos. Esa realidade cóntanos algo que aínda que descoñecíamos, no fondo, non nos sorprende: que Vigo era un lugar moi importante de intercambio comercial na antigüidade, ao igual que ocorre hoxe en día.

Tomando coma referencia estes fundamentos, decidimos empregar un recurso que evoque ambas sensacións no espectador:unha morea de caixas, de transporte e de almacenaxe: Ocultan unha mercadoría, ocultan as pistas do pasado, a realidade da historia.

Emporium abre esas caixas para os cidadáns, mostra e revela un contido inexplorado e absolutamente novidoso.

 

Situación: Verbum, Samil, Vigo

Carpintaría: José Álvarez Rouco

Deseño gráfico: Desoños