Espazo urbano de Castrogudín

Espazo urbano de Castrogudín

O proxecto propón un xeito de urbanizar un entorno rural mediante o emprego de circulacións mixtas nas que as texturas do pavimento, coa súa escala, determinan a funcionalidade dos espazos dun xeito aberto, non intrusivo nin decorador. Ao contrario de negar a practicidade do espazo público acadado mediante o asfalto, intégrase este con outros acabados de uso habitual dun xeito diferente, actualizando ao século XXI o típico núcleo rural galego.