Concurso da panificadora de Vigo
A proposta apóiase na trama histórica do parcelario e no patrimonio construído da fábrica. A actuación consta de tres partes: unha primeira que recupera todo o que é posible da actual Panificadora e os seus volumes, eliminando anexos que desvirtúan a linealidade do conxunto e dos que en esencia, a súa escala non se corresponde coa dos volumes principais; unha segunda actuación que baseándose na rúa Santiago pretende edificar entre esta e a actual Praza do Rei potenciando unha comunicación directa e accesible incluso coa contorna do Castro; e unha última que apoiándose na rúa Falperra pretende aumentar a edificabilidade para integrar o uso de vivenda e a localización dos espazos comerciais nunha rúa con importante transito.
En colaboración con un+un arquitectos