Piso nun baixo en Teis

Piso nun baixo en Teis
Unha nova vida para un espazo comercial trala xubilación dos propietarios: un barrio periférico, unha rúa en pendente e con tráfico denso e un negocio en certa decadencia debido á competencia das vendas online os levaron a buscarlle un novo destino.

Para acadar un fogar a pé de “estrada”, o soportal debe actuar coma filtro. A fachada desdóbrase nunha celosía azul, aproximando a altura do exterior ao humano.

Pénsase o interior dende a continuidade lumínica, xerando espazos protexidos a través da variación de escala nas alturas interiores. Empréganse luminosas cores planas para dotar de serenidade a espazos necesariamente orientados ao seu propio interior.

 
Situación: Vigo
Constructora: Pórtico Vertical
Fotografías: Roi Alonso