Edificio de vivendas sociais en Barreiro

Edificio de vivendas sociais e centro sociocomunitario en Barreiro

A proposta aproveita a disposición virada respecto ao norte para conseguir que practicamente todas as vivendas gocen do arco sueste – suroeste. Deste xeito elimínase a brecha enerxética reducindo os consumos de calefacción e se permite gozar da entrada directa do sol e os seus efectos beneficiosos aos fogares.

Óptase por unha modulación de vivendas con luces a ambos lados do bloque, dispondo os corredores de acceso, colectivos e privados, entendidos como lugares de comunicación e relación so-cial, ao norte; e liberando o sur para as terrazas cubertas, individuais e privadas. Esta disposición permite a ventilación cruzada das vivendas mellorando o confort no verán.

O edificio formúlase coma algo vivo, un biotopo que será colonizado aos poucos polos seus habitantes. Empréganse espazos vinculados emocionalmente cos recordos: os soportais, os balcóns, o compartido. De modo que se achegue sensación de pertenza: converter un lugar “prestado” nun fogar.

A disposición en U obrigada polo plan permite xerar unha gran praza interior, pero á súa vez crea no seu polarización un espazo antagónico: marxinando as vías perimetrales e deshumanizándoas.

Propomos fracturar eses límites, dentro da necesaria densidade. Fromúlase a apertura de dous baleiros de vida colectiva (pública ou privada segundo a altura), que fragmentan o volume, achéganlle permeabilidade e integran ao edificio na contorna.

A existencia de espazos “seguros” no interior do edificio, favorece as posibilidades de compartir os coidados. “Levo eu aos teus nenos ao colexio, que entras moi cedo ao traballo”, pode achegar un veciño. Ou “podes quedar un momento coa miña nai mentres vou facer uns recados?”.

As hortas na cuberta considéranse un dos puntos clave para a relación social e a vida en común. As persoas con maiores coñecementos poden ensinar os coidados das plantas, servindo de vector de coñecemento tradicional.

 

Situación: Vigo