Subida ao Castelo
O proxecto formulado afunde as súas raíces no Casco Vello vigués estendendo pola nova fachada un sistema de contraventás encartables, que permiten regular á demanda tanto a privacidade coma a exposición solar das vivendas.
Deste xeito a fachada toma vida propia no movemento diario das pezas, facendo explícito un rexurdir da edificación, despetrificando a tradición nun tecido máis continuo. Unha fachada que mostra con sinceridade un espazo re-habitado, con vida, pechado á noite, e aberto durante o día.
PREMIO GRAN DE AREA DE APORTACIÓN A ARQUITECTURA 2022
Situación: Casco Vello Alto, Vigo
Constructora: Comidiseño
Carpintería madeira: José Álvarez Rouco
Estruturas: Nortap, S.L.
Fotografías: Roi Alonso