Casa Vao

Casa Vao
Un volume compacto en resposta a unhas dimensións mínimas de parcela, nun entorno carente de privacidade, modúlase en planta baixa mediante a transversalidade interior e un acabado máis humano, dotando de amplitude aos espazos interiores da vivenda.

Trabállase sobre a continuidade e fluidez da luz no interior. Búscase unha atmósfera suave, difuminada no aproveitamento da luz cenital e norte en contraposición a un exterior duro que require de fortes contrastes e rotundidade.

Cóidanse os pequenos detalles, os encontros entre materiais, e as sensacións, potenciando o sutil e difuso nas decisións tomadas.

 
Situación: Praia do Vao, Vigo
Constructora: Cosntrucciones Urban Miñor, SL
Madera: Carpintería Dopeso
Arquitecto técnico: Samuel Requejo
Fotografías: Roi Alonso