Centro de pilates e danza

Reforma de local para centro de pilates e danza

O proxecto busca conxugar os dous estados fundamentais para crear a danza: movemento e repouso. Un gran espazo único que se percorre rodeado por dúas envolventes “en movemento” a través da súa xeometría, que no seu pregado xeran os espazos de servizo, e a través dos cales se chega, en última instancia, ao espazo xeometrizado da sala de danza.

Xogamos aos contrastes: movemento nas diagonais dos tabiques e revestimentos de madeira, repouso nas proporcións cadradas dos ocos de iluminación, ritmo no seu posicionamento.