Actualización de restaurante en Patos
O proxecto de reforma busca actualizar e versatilizar o espazo, permitindo unha variedade de usos adaptada ás posibilidades do espazo. Unha zona de espera e tapeo da a benvida ao restaurante, servindo á vez de transición respecto do exterior, o que da privacidade ás salas de comedor posteriores. Estas salas articúlanse respecto da fachada principal, na que se xenera unha terraza cuberta mediante o emprego dunha carpintería de vidro corredía – xiratoria que permita a apertura integral durante o verán, de día, e o peche para os días de choiva no inverno.