La imprenta

Librería Papelería La imprenta. Redondela

A proposta busca recuperar parcialmente a imaxe orixinal do local, nunha proposta que respecte parte dos elementos existentes do local dos anos 70, faga referencia á edificación antiga, e enlace esa imaxe na memoria coa modernidade e o futuro, nun mundo amplamente influenciado polas vendas online.

Proponse unha renovación conservadora, de cara a non intervir en exceso na imaxe, e igualmente racionalizar gasto, sobre todo para o caso dun comercio que na actualidade funciona axeitadamente, sen perda de público, e con boa imaxe na localidade

 

Situación: Redondela

Constructora: Hermanos García Carrera, S.L.