Piso Icía

Piso Icía

O reto deste proxecto era acadar un ambiente luminoso e acolledor para uns espazos anteriormente escuros e carentes de vida. Empregouse maioritariamente luz indirecta para compensar a distancia á luz natural, tons claros para mellorar o ambiente e ampliar a luminosidade, e madeiras claras acompañadas de cor no mobiliario, para contrastar co parquet, que se conservou intacto porque realmente non había motivo para cambialo.