Galerías e bufardas

Reforma de edificio de vivendas en Bouzas

O deficiente estado de conservación de toda a madeira que formaba acabados, carpinterías e estrutura na fachada sur da edificación, fixo necesario un desmontado completo de todo este sector, para substituílo por pezas novas, a pesar do seu nivel de catalogación.

Formulouse unha actualización formal desta fachada, mediante a incorporación dunha galería de madeira pintada, cun predominio claro e evidente da compoñente vertical na mesma.

 

Situación: Bouzas, Vigo

Constructora: Construcciones Hermanos García Carrera, S.L.