Casa Porto
Actualización funcional, técnica e visual dunha vivenda dos anos oitenta. O proxecto busca integra-ción, unidade espacial e continuidade entre a cociña, o salón, e un espazo multiusos que se poda con-verter en dormitorio en caso de necesidade.
A planta baixa resólvese mediante un gran panel corredío que no seu desprazamento permite escin-dir parte do espazo de día en despacho/dormitorio ou independizar a área húmida dos espazos públicos.
A cociña deséñase coma semi-independente, de xeito que sexa o centro da vida da casa pero non o centro do espazo.
Situación: Vigo
Constructora: Construcciones San Román Giráldez, S.L.