Piso CiMA

Vivenda unifamiliar en Camiño Brea

O proxecto reconfigura por completo a vivenda entorno a dúas premisas: a eliminación de espazos superfluos coma corredor, vestíbulo e cociña independente, concentrándoos nunha única gran área común co salón; e o aproveitamento do espazo sobrante sobre o antigo falso teito para formalizar un faiado que permite resolver un fogar para familia numerosa onde antes so cabía un pequeno apartamento desaproveitado.

O faiado ocupa o espazo que a cuberta deixa con maior altura libre, comprimindo baixo el o espazo das zonas de circulación e acceso, e expandindo en vertical as limitadas dimensións das estancias.

Nos dormitorios para os nenos sepáranse o xogo e estudo do descanso, a través de sendas escaleiras que resolven o almacenaxe baixo elas. Á parte alta colle a luz natural do lado oposto, xerando unha comunicación visual que serve de punto de encontro e xogo sobre o salón.

 

Situación: Vigo

Constructora: Construcciones San Román Giráldez, S.L.

Carpintería: Domínguez Lustres