Piso GB

Piso GB

O proxecto busca acadar moito espazo de almacenamento sen afectar ás sensacións de luminosidade e amplitude espacial que ofrece a comunicación co exterior a través do volume gañado á terraza da fachada sur.

Resólvese con sistema de armarios que combina, en madeira de freixo e cor branca, os volumes pechados e abertos, xerando un xogo de continuidades. Nace do espazo do comedor, que articula as circulacións internas, e se desprega nun corredor que oculta as portas de acceso ás estancias no almacenamento xeral.