Piso Leva
Unha única peza de taboleiro de virutas (OSB) encáixase no interior deste pequeno apartamento coma un empotrador (“friend”) de escalada nunha fisura, resolvendo as funcións técnicas de almacenaxe e servizos: o vestidor, a lavandería, as estanterías, o baño e a cociña.
Esquivando a estrutura, busca ancoraxe no lateral e no fondo, e coa mesma configura os espazos de vida e estancia; potenciando a materialidade dos elementos orixinais e reformados, nunha proposta de máximo aproveitamento.
Situación: A Coruña
Fotografías: Roi Alonso