Piso Alberte

Piso Alberte

Nun piso completamente exterior nunha esquina privilexiada orientada ao nordés, con vistas ao mar, o proxecto busca continuidade espacial entre o patio e o exterior. Establécese unha dualidade entre o espazo diáfano híbrido entre os lugares de vida e circulacións, e as áreas privadas da vivenda: dúas pezas opacas que encaixan entre os pórticos de formigón, unha para os pais e outra para as fillas.

O piar central exento tórnase en filtro parcial, matizando a continuidade. A particular disposición das vigas que descansan nel configura os espazos con sutileza, reducindo ao mínimo os elementos, para acadar calma e serenidade.

 

Situación: Vigo

Constructora: Construcciones Laureano Covelo

Fotografía: Roi Alonso Fotografía