Faiado reconvertido

Faiado reconvertido

As veces os galegos facemos unhas vivendas enormes, en previsión de futuro, para finalmente quedar sen rematar, e eternamente baleiras. Sen embargo noutras ocasións, despois de baleirarse a casa coa marcha dos fillos, pasan os anos e chega unha terceira xeración, chamada polo afecto dos avós e a proximidade da praia, e requiren de máis espazo.

Unha goteira inicia todo o proceso, e unha reparación no tellado leva á transformación do faiado por completo. Un faiado cunha altura bastante limitada, e sen acceso cómodo. Para compensar as reducidas dimensións do espazo, e ante a necesidade de crear polo menos dous espazos, e se cadra un baño; optamos por facer unha división translúcida, que aumentase a sensación de amplitude.