Vivenda tradicional en Moscoso

Rehabilitación de vivienda tradicional en Moscoso

Habitualmente un proxecto consiste en crear algo da nada; pero en outras ocasións, coma nesta vivenda, consiste en potenciar algo que xa estaba aí antes de chegar nós.

Unha vivenda alargada, de pedra, cun potente balcón cara o val, ao norte. Un cobertizo voado, apoiado nunha deformada e excesivamente longa viga de madeira, con tres fachadas de pedra e unha de madeira, ao sur. O Cruceiro Grande, onde se unen as tres procesións, na rúa, ao leste. E un impresionante hórreo apoiado en vigas de pedra baixo o cal se entra ao xardín, ao oeste. E no centro: a “eira”, o patio de traballo, abrigado do vento, protagonista de todo.

 

Situación: Pazos de Borbén

Constructora: Construcciones Hermanos García Carrera, S.L.