Casa Montecelo
Un entorno urbano densificado e mixto, e unhas dimensións mínimas de parcela, comprimen o espazo no que se sitúa a casa. Coma reacción, o volume fractúrase dentro da súa delimitación perimetral. O resultado hibrida unha imaxe recoñecible icónica e tradicional: a cuberta a dúas augas, cunha configuración que responde a un lugar caracterizado pola desproporción na variación de escala.
O desprazamento dos panos de cuberta articula interiormente os espazos, xerando na planta alta un mundo interior propio que compensa as carencias paisaxísticas do lugar, grazas as variacións de altura formalizadas pola fractura do volume e codependentes da funcionalidade interior.
Situación: Vigo