Casa Eixon I
A proposta formalízase nun volume superior que se desapega do terreo e se desvincula visualmente da base na que se sitúan as áreas de día. Un continuo espacial no que se intenta que se esvaezan os límites enlaza o xardín da piscina, ao que se abre case totalmente, coa dobre altura de acceso, dotan-do de privacidade ás áreas de noite no nivel superior, orientadas ás vistas e de costas ao acceso.
Na entrada, unha cuberta en prolongación da vivenda e repregada cara o terreo, formaliza o espazo que acolle o garaxe e serve á vez de filtro, agochando discretamente o acceso. Este trasládase ao interior flotando sobre unha dobre altura aberta frontalmente ao espazo multiusos de acceso aos dormitorios, para o que se prevé unha posible formalización coma terceiro dormitorio no futuro. Des-de este espazo acédese ao sur ao baño e dormitorio principal con vestidor e ao norte ao segundo dormitorio.
Situación: Vigo