Casa Pousadouro
A irregular xeometría da parcela asúmese sen complexos, creando unha peza que se apreta entre os recuados e abraza o espazo cuberto do soportal graduando a privacidade ao quebrar as áreas públicas da vivenda de tal xeito que minimicen a visión dos veciños.
A proposta busca aproximarse dun xeito actualizado á resolución tradicional dos espazos de soportal vinculados ás eiras de traballo e estar que se pode observar en abundantes exemplos da contorna, consistente na creación dun espazo elevado, a salvo da humidade, para os espazos de vida, e formalizado en materiais lixeiros por cuestións técnicas. Este espazo se xeraba, ademais, habitualmente abrazado entre muros de pedra, coma xeito de protexerse do vento e os temporais.
A proposta se apoia formalmente nestes espazos, pola súas favorables características para a vida familiar, xerando unha galería en planta alta que busca, coa súa orientación sur, unha relación óptima entre ganancias térmicas durante o día e perdas durante a noite.
Dentro desta variedade de xeometrías, óptase por empregar tres directrices apoiadas nun único vértice ao suroeste, a modo de navalla suíza. Desde el, único coincidente nos tres niveis, a planta soto trázase cara o sueste permitindo o acceso ao garaxe e prolongando o pavimento do soportal, a planta baixa recúase cara o nordés, trazando a un eixe cartesiano que apunta dende a entrada ata o castiñeiro centenario que preside o fondo da parcela; e, por último, na planta alta, téndese ao leste, formando unha fachada con orientación sur na que se despregan os tres dormitorios, gozando da privacidade da falta de veciños.
Situación: Redondela