Vivenda unifamiliar entre medianeiras en Chapela
Situada nun pequeno núcleo preto de Chapela, nunha parcela de tan só 110 m2, a vivenda quere desencaixarse de entre as medianeiras, complexizando o pequeno espazo que posúe para aumentalo ata o infinito como unha cinta de Moebius.
As vistas á ría supoñen a escapatoria cara o infinito da vivenda, que se fai permeable nesa dirección; e se encarga de completar o pequeno conxunto sobre a colina, achegándoo á escala humana.
En colaboración con Ansede+Quintáns arquitectos