Vivenda de baixo custe en Bembrive

Vivenda de baixo custe en Bembrive

A proposta xurde da suma de condicionantes: temporalidade do uso + economía + ecoloxía + vistas.
Concibida coma vivenda de ocio: para uso estival e de fin de semana.
Concibida como contedor rectangular de dimensións reducidas, para reducir os custes e desperdicios de material.
Concibida para minimizar as necesidades de aporte de calefacción, e con sistemas construtivos que garantan unha relación óptima entre recursos consumidos, custe, e prestacións obtidas.
Concibida para orientarse ás vistas á ría e á cidade, situadas ao norte, sen prescindir da luz e calor solares.

 

Situación: Bembrive, Vigo

Constructora: Construcciones Hermanos García Carrera, S.L.