Vivenda unifamiliar en Camiño Brea
O reducido ancho da parcela, o seu desnivel e unha normativa axustada nas alturas definen un proxecto marcado pola compacidade. Un volume tallado con cuberta a catro augas desprazadas, de xeito que se maximicen os espazos interiores á vez que se minimiza o impacto paisaxístico exterior. O resultado é un obxecto escultórico orientado a minimizar os custes de construción e encaixarse nun orzamento axustado.
Situación: Beade, Vigo
SConstructora: Cal Baixo Miño Construcciones y Servicios, S.L.