Vivenda para ocio en Pías

Vivenda unifamiliar para ocio en Pías

Unha vivenda relacionada profundamente coa localización, pensada para gozar do natural, comunicada directamente co xardín e a horta que a rodea. E adaptada ao pensamento tradicional do cliente “galego”.

Aprovéitase o socalco para xerar conexións a distintos niveis. Como actuación fundamental e eixe de todo o proxecto: a xeración dun patio na cota inferior. Concentra a vida da vivenda, que se envorca a el; e xera a escala axeitada á privacidade necesaria.

 

Situación: Ponteareas

Constructora: Construcciones Hermanos García Carrera S.L.