Vivenda en Beade

Vivenda unifamiliar en Beade

Créase un volume que se deforma adaptándose ao limitado contorno da parcela, que favorece co seu perímetro a apertura ás vistas ao estreitarse ao fondo e ampliarse bruscamente xusto no socalco. Á vez derfórmase en sección acompañando á pendente dende a parte de atrás e despegándose dela no desnivel, acadando á vez unha focalización intensa nas vistas, un desenvolvemento das circulacións verticais máis natural e menos forzado que ter situado toda a vivenda na cota superior e, en última instancia, a posibilidade de saír á cuberta da vivenda dende a cota superior, gozando dunha solaina privilexiada.

 

Situación: Beade, Vigo