Vivenda unifamiliar en Vilariño
Unha casa na praia, coma premio de xubilación. Un premio con estas premisas: gozar da proximidade da praia, dos espazos exteriores da vivenda e dun entorno natural cara o sur á vez que coas vantaxes da vila ao leste.
Nun volume compacto, un único xesto resolve a vivenda: deslízase a planta alta cara o sur, xerando unha terraza superior orientada ao mar e un pórche inferior que vincula o interior da vivenda coa parcela. O uso prioritariamente estival leva ao sobredimensionado destes dous espazos, a cambio dunha simplificación do programa interior, que se resolve carente de espazos de distribución converténdose estes en espazos de vida.