Casa en Rodiño Pequeno
A casa defínese coma un trisquel: tres puntas formalizan un volume que busca intencionadamente a fragmentación dunha parcela de grandes dimensións á vez que conxugan privacidade e vinculación co exterior.
Tradúcese a tipoloxía de vivenda tradicional: un volume fragmentado, a cociña coma espazo principal da vida e a racionalidade climática nas orientacións, adaptándoa aos novos modos de vida:
Tres cubertas a un auga alternan a súa orientación ofrecendo unidade e fragmentación mentres permiten ler o interior da vivenda dende fóra. Tres niveis diferentes que se unen no espazo central, configurando unha espacialidade de continuidades simplificadas.
A cociña coma centro da casa, figurada e espacialmente, recupera a orixe do fogar e convértese no lugar de encontro e reunión. O eixe ao redor do que xiran as tres puntas da casa formalízase cunha dobre altura que contén a súa dimensión para manter unha escala íntima.
O volume busca unha orientación sueste para a vivenda, combinando a apertura visual do pequeno val da parroquia de Sergude dominada polo Pico Sacro ao sur, coa busca do sol de mañá para uns invernos húmidos e a protección do vento do norte co propio volume da casa.
O estar sitúase na punta Sur, atravesado pola xardín de leste a oeste, e pechado cara a proximidade da vivenda lindeira ao sur. Envólvese un espazo preexistente. Protéxese do sol, da choiva e o frío conservando a esencia do lugar.
Os dormitorios escollen a punta leste, orientándose máis cara o sur. Comprímense en dúas alturas e axustan as súas dimensións priorizando os espazos comúns.
Por último, a punta norte destínase aos espazos de servizo e os coches, deixando a área de manobra detrás da propia casa.
Situación: Rodiño Pequeno, Sergude, Boqueixón
Constructora: Ferareima SL
Arquitecto técnico: Francisco Fernández Novas
Fotografías: Roi Alonso




























