Vivienda unifamiliar entre medianeiras en Bouzas
Un soar estreito pensado dende o urbanismo para edificio de vivendas, pero sufrindo unha normativa que inviabiliza as pequenas promocións; acaba destinado a edificación unifamiliar en altura.
A orientación norte e o emprazamento rodeado de edificacións elevadas, desenvolve o proxecto na busca da elevación para gañar sol e vistas.
Invírtese o programa, deixando as áreas de día nos niveis superiores, e a área de noite nos inferiores. Proponse unha planta baixa aberta, permeable de norte a sur, acadando ventilación e luz, convertendo o espazo dos cada vez máis innecesarios e contaminantes vehículos de motor (as normativas deberían adaptarse aos novos tempos), nun xardín con soportal para xogar e estar ao fresco.
O programa vaise desarticulando cara a última planta, na que un pequeno espazo serve de saída a unha terraza cunha pequena piscina, xa a unha cota que permite ver a ría. A desaparición do construído, en vertical, decidida para permitir a entrada da luz e o calor do sur dende a fachada posterior; formalízase a través dunha escaleira que se desenvolve de xeito non coincidinte, atravesando as dobres e triples alturas que completan a deconstrución do volume pechado e privado segundo se ascende.
A concatenación de espazos a dobre altura, que se van agrandando segundo se ascende, consigue que a luz e a calor do sol cheguen ata o distribuidor dos dormitorios; compensando unhas dimensións máis axustadas en planta.
Na planta do comedor e a cociña, xérase unha pequena terraza cuberta, que serve de filtro de privacidade, e protección solar para o sol de principios de verán.
A configuración de ocos de fachada defínese como híbrida entre a proporción vertical dos ocos tradicionais das vivendas próximas para os dormitorios, protexidos con varanda reinterpretada das tradicionais; e a escala ampliada para as áreas de día, concentrando grandes ocos nunha disposición máis horizontal.
O programa funcional da vivenda componse deste xeito finalmente: de planta baixa destinada a praza de garaxe, recibidor, lavadoiro e rocho; planta primeira destinada a baño, dous dormitorios e unha suite, planta segunda destinada a área de día cun aseo, e planta terceira destinada a terraza e piscina cun espazo de acceso interior.
Situación: Bouzas, Vigo









